Thursday 16 de May de 2024

Incendio nun domicilio no Vilar, na parroquia bergondesa de Guísamo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron ao redor das 03:30 horas desta madrugada nun operativo, no que tamén participou Protección Civil de Bergondo, consistente na extinción dun incendio que afectou a un domicilio no lugar do Vilar, na parroquia de Guísamo do Concello de Bergondo.

As chamas afectaron ao garaxe e só se lamentaron danos materiais.